Estouvos falando dunha montaxe teatral de Teatro da Esmorga. No folleto que distribuíu Galaxia explícasenos que esa montaxe teatral permitiranos viaxar, a través de pequenos fragmentos moi escollidos, pola historia do teatro galego dende o Rexurdimento ata os nosos días.
As obras escollidas son A FONTE DO XURAMENTO de Francisco María de la Iglesia, OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE de Castelao, FARSA DO
BULULÚ de Manuel María, A MATANZA de Roberto Salgueiro, MONÓLOGO DO IMBECIL de José Luís Prieto e COCHOS de Roberto Vidal Bolaño.
Os alumnos de 1º de BAC faredes esta viaxe da man de Lois Soaxe e Pepa Barreiro, o día 22 de novenbro. Aprenderemos cousas, estou segura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario