14.11.12

I CONCURSO DE MICRORRELATO ON LINE.OLLANDO OS NOSOS ARTISTAS



A Concellería de Educación do Concello de Ourense incluíu, este curso, nos seus programas educativos o I Concurso de Microrrelato on line: ollando aos nosos artistas. 

Concíbese como unha homenaxe a pintores, escultores, escritores, arquitectos... da nosa cidade. Xa podedes comezar a facer os vosos microrrelatos e teredes a oportunidade de que algúns dos vosos traballos se publiquen en internet e poidan ser premiados. DÉIXOVOS AS BASES:
 

                           “I CONCURSO DE MICRORRELATO ON LINE”

BASES CONCURSO


  1. Poderán participar alumnos/as de 3º ciclo de EP, ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS de centros de ensino da cidade de Ourense

  1. O microrrelato deberá realizarse individualmente, ter título e estar escrito en galego nun máximo de 180 palabras. A temática será “Ollando aos nosos artistas” (homenaxe a persoas relevantes da nosa cidade no ámbito da cultura)

  1. Os textos presentados deben ser inéditos e orixinais e a primeira selección será realizada polo/a profesor/a de lingua galega de cada centro participante, non podendo exceder de 2 microrrelatos por aula e respectando sempre as bases e que os contidos non sexan de carácter ofensivo.

  1. O prazo de presentación rematará o 8 de abril de 2013 ás 14:30h.

  1. Cada traballo presentado deberá indicar os seguintes datos do autor ou autora: Nome e apelidos, curso e centro de ensino.

  1. O profesor ou profesora responsable da actividade será o único que poida colgar os microrrelatos na nosa web utilizando un contrasinal que se lle será enviado no momento en que sexa aceptada a súa solicitude de actividade feita a través da nosa web.

  1. O Certame establece dous premios consistentes nunha tablet cada un deles.
 (un para a categoría de 3º ciclo de EP e outro para a categoría de ESO e ESPO)

  1. O xurado estará composto por profesores de lingua ou escritores e persoal técnico da  Concellería.

  1. A entrega de premios realizarase durante a  Semana das Letras Galegas.

  1. Na marxe dereita da nosa páxina web, haberá un apartado durante todo o curso escolar ao que se poderá acceder sen contrasinal onde, todo aquel que o desexe, poderá ver as bases e os microrrelatos publicados.

  1. Os mellores traballos poderán ser recompilados para ser publicados nun futuro pola Concellería.

  1. Todas as obras recibidas, agás as premiadas, retiraranse no prazo dun mes despois da decisión do xurado.

  1. A participación neste certame implica a  aceptación das bases.

Podedes ler algún microrrelato neste blog e nestoutro: A casa de Merlín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario