20.11.12

MONUMENTOS ÓS NOSOS ESCRITORES


Algúns alumnos, a profesora de lingua castelá e literatura, Avelina, e mais eu paseamos as rúas, prazas e parques da nosa cidade para elaborar, sevíndonos das fotografías, o que chamamos rueiros literarios. Xa fomos publicando algúns, e hoxe queremos que vexades o álbum que dedicamos a monumentos que homenaxean a literatos de distintas épocas:






Pode servirvos para inspirarvos e facer o voso microrrelato; tede tino porque non todos os literatos son de Ourense. Nas bases fálasenos de "homenaxe a persoas relevantes da nosa cidade no ámbito da cultura".

Se entrades en Escultura urbana no Concello de Ourense, veredes algunhas esculturas que vos serán familiares e outras moitas descoñecidas; han de servirvos para seguir inspirándovos e para aprender moitas cousas que nós non recollemos no noso pobre álbum.

2 comentarios:

  1. Que bos recordos me trae este traballo. Estupendo que poida servir de inspiración ós nosos alumnos. As nosas rúas estan cheas de literatura. Isto me lembra uns versos que tran hoxe de cabeza ós de 4º da ESO:
    ¡Cuánta nota dormía en sus cuerdas,
    como el pájaro duerme en las ramas,
    esperando la mano de nieve
    que sabe arrancarlas!
    FELICIDADES Marina unha vez máis polo teu traballo e pola túa lembranza.
    Avelina

    ResponderEliminar
  2. Nós non sabemos tocar a arpa pero arrancámoslle algunhas notas, e na nosa cidade haiche moitas! Deduzo que os teus alumnos están estudando a obra de Bécquer.

    O traballo é das dúas e se ti non tiveses a iniciativa, non se faría. Grazas.

    ResponderEliminar