3.11.12

TEMPO DE CASTAÑAS E DE MAGOSTOS


Altiña estou,
ó ladrón  vexo vir
pero co meu carapucho
non podo fuxir.

Esta é unha das adiviñas que eu aprendín cando era pequena pero xa vos direi como, en castelán con palabras en galego e con gheada. Eran outros tempos!


 


Aínda que non vísedes a foto, saberiades que a que fala é a castaña metida no seu ourizo. Moitas xa abandonaron o seu carapucho e están ciscadas nos soutos, outras xa foron apañadas e xa as estamos disfrutando asadas, cocidas ou en doces máis elaborados. 

Na nosa cidade, se saímos pasear á noitiña, tamén as podemos mercar recén asadas e servidas en cornetes. Hai persoas que as asan para nós en máquinas coma as que vedes a continuación, e noutras semellantes.





Ruth Matilda Anderson, fotógrafa norteamericana, percorreu Galicia entre 1924 e 1926 por encargo de Hispanic Society of América, interesándose pola vida cotiá galega, e  fixouse nunha castañeira: 




A castañeira que está en Curros Enriquez é obra do escultor Xosé Cid. Unha homenaxe a esta profesión:



Os que estades creando as vosas historias, inspirándovos en algo relacionado co magosto ou buscando información sobre esta festa,  podedes consultar RECURSOS PARA O MAGOSTO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario