19.12.12

CAMPAÑA REGALA UN LIBRO. NADAL 2012


Podedes atopar unha selección de obras en galego e en castelán, para maiores e para máis novos, no Blog do Grupo Lector. Pequenas anotacións poden axudarvos a atopar a que máis vos interese.

Hoxe veriades no Instituto uns carteis nos que se nos desexaba un bo nadal. Estaban nas portas das clases, nos laboratorios, nos departamentos, na sala de profesores.. Descubrín que era obra de varias alumnas de 4º B e 4º D: Silvia, Catuxa, Enya, Paula, Eire, Sofía e Uxía. Ninguén llelo pedira, foi iniciativa persoal.

Vou utilizar o cartel que nos deixaron na sala de profesores para desexarvos un BO NADAL a todos.




Vede máis mostras do seu traballo. Tamén atoparedes no álbum a felicitación de Antonio de segundo da  ESO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario