O neno can é a obra que ides ler os alumnos de 2º ESO. Está escrita a catro mans, a vinte dedos; as mans e os dedos de Fina Casalderrey e Francisco Castro que son os autores. Podedes velos falando do seu libro no Zigzag.
Presentación de O neno can na Feira do libro de Vigo.
Os autores están acompañados polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e por Marisé Pérez Mariño, secretaria do comité de UNICEF en Vigo.
O crítico literario Francisco Martínez Bouzas comenta o libro no seu blog Novenoites. Lede o texto completo; eu xa vos deixo aquí un anaquiño:
Os cinco relatos que escriben Fina Casalderrey e Francisco Castro, son, porén, capaces de nos abraiar, porque na súa escrita e feitura os autores fuxiron da típica e tópica estrutura dos libros de contos infantís, moitas veces, lambetadas insubstanciais. Radiografías de intres vitais de nenos e nenas no seu vivir cotián, no medio da miseria. Como Aakesh, o neno can que morre de fame como Choiva, o seu cadelo. Como Nadim e a súa irmá Altair que sobreviven e son explotados limpando parabrisas ou recibindo bicos á forza –o seu inferno agochado- porque a rapaza xa ten corpo de muller. Como Kai, o neno da rúa, piollento, mais feliz por ter por fin un nome e de que alguén lle chame por el. O retrato de Leila, a nena de once anos, obrigada a casar, como as fillas do deserto, porque as cousas foron sempre así, capaz, porén, de dicir “non”, incapaz, con todo, de cambiar o mundo. E finalmente o intre feliz de Carlos, o neno paralítico que, por unha vez, non é discriminado pola súa doenza.
Máis información no Blog Editorial Galaxia.
Os textos que abren cada conto son adaptacións de artigos da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN). Fixádevos en cales son os dereitos ós que se fai referencia en cada un dos relatos.
Buscade no libro unha sorpresa que ten que ver co pasado e o presente dos autores.
Vede a exposición que está montada no vestíbulo da primeira planta do Instituto; ten moito que ver co contido das historias do libro que ides ler. Cando vin estas mans que aquí vos deixo, pensei nas de Altair, a protagonista de O voo da aguia.

"Unha mañá, ao abrirse o portal, Altair agarroulle as mans ao seu irmán pequeno despois de moito tempo. Nadim sentiunas ásperas coma a lixa, quizais por iso Altair non lle volvera facer unha soa caricia, nin a el nin a Xeo".
O NENO CAN ENTRA NA LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMETACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS.
O NENO CAN NO SERMOS GALIZA
FINA CASALDERREY E FANCISCO CASTRO FALANDO D'O NENO CAN EN CONVIVIR EN IGUALDADE. (Os primeiros minutos do programa)

No hay comentarios:
Publicar un comentario