Un anaquiño do calendario de Xerais que tedes na primeira planta do Instituto.
Eu, hoxe, voume conformar con deixarvos un poema da autora, un poema que nunca traballei convosco, os meus alumnos. Sempre botamos man doutros. Figura na antoloxía de Anxo Angueira, dentro do apartado de Sombras e soidades. Pertence o libro !Do íntimo! de Follas Novas.
LÚA DESCOLORIDA
Lúa descolorida
como cor de ouro pálido,
vesme i eu non quixera
me vises de tan alto.
Ó espaso que recorres,
lévame, caladiña, nun teu raio.
como cor de ouro pálido,
vesme i eu non quixera
me vises de tan alto.
Ó espaso que recorres,
lévame, caladiña, nun teu raio.
Astro das almas orfas,
lúa desolorida,
eu ben sei que n'alumas
tristeza cal a miña.
Vai contarllo ó teu dono,
e dille que me leve a donde habita.
Mais non lle contes nada,
descolorida lúa,
pois nin neste nin noutros
mundos terei fertuna.
Se sabes onde a morte
ten a morada escura,
dille que corpo e alma xuntamente
me leve a donde non recorden nunca,
nin no mundo en que estou nin nas alturas.
Tertulia radiofónica ó redor do libro Cantares gallegos. Diario cultural do día 26 -12- 2012.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Marina, a lúa de Rosalía me recorda este poema de Pessoa... ainda que esta asociación é algo neurótica, no fondo creo que nalgún momento a Rosalía lle faltaou alguén que lle dixera palabras coma estas para tirar pa diante, para lembrarlle quen era:
ResponderEliminarA ver que che parecen ...
Para ser grande, sê inteiro: nada
Teu exagera ou exclui.
Sê todo em cada coisa. Põe quanto és
No mínimo que fazes.
Assim em cada lago a lua toda
Brilha, porque alta vive.
Rosalía foi e é grande. Ainda que non se lle fixo xustiza, supoño que tería algunhas mans amigas pero os tempos eran outros. Anxo Tarrío explícanos que Rosalía traballaba nun país marxinado, cunha lingua marxinada, padecendo a discriminación da muller e sendo vítima dela mesma: do seu temperamento, da súa intelixencia... Isto todo xunto tiña que pesar moito.
ResponderEliminarGústame o poema de Pessoa, zumega optimismo.