Fina Casalderrey foi elixida para entrar
na RAG como nova numeraria. É a quinta muller
en contar cunha cadeira no organismo académico. Ata agora a presenza
feminina estaba representada por Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Rosario
Álvarez e Margarita Ledo. Máis información na Praza Pública.
Os meus parabéns para esta escritora a quen coñecín, hai máis de 20 anos, na cea ourensá dos Premios Xerais de 1992. Unha cea de luxo por tela ó meu lado e por ter tamén onda min a Xosé Fernández Ferreiro e a Miguel Súárez Abel. Non podo contar de que falamos, de literatura galega, seguro, pero si vos podo dicir que Fina Casalderrey me prometeu o seu libro Mutacións Xeneticas e que mo mandou por correo nos días seguintes a esa cea, e ademais dedicado!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario