23.1.13

DÍA DA CANDELORIA

Estase aproximando a Candeloria, o día 2 de febreiro, a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos.

Miña nai fala do "Día das Candelas" e cóntame que nese día se bendicían as candeas que despois se conservaban e se acendían para calmar as treboadas. Tamén me conta que nese día se casan os paxariños.

Agora que lin a entrada de marlou e a explicación de Galicia Espallada, sei máis cousas. Facédeo vós e entrade tamén na Wikipedia para informarvos sobre a Candeloria.


Foto de marlou.

Xa que o día 2 é o día do Amor en Galicia, vós habedes de celebrar máis o día de San Valentín, imos copiar o que van facer no IES Félix Muriel.  A ver que conseguimos.  






Que sentido teñen estas fotos?

2 comentarios:

  1. Da Candeloria miña nai sempre di que era a primeira festa do ano despois dos Remedios, era en Cudeiro e sempre ía moito frío (non sei se iso o consideraban malo ou bo) pero vexo que é algo menos amante do poético cá túa.

    ResponderEliminar
  2. Amante do poético creo que si pero poesía non che puido ler moita. O seu é a literatura popular que é a que puido ter acceso. Cando lle lin o refrán que aparece na Galicia Espallada, "a partir da Candeloria ningunha ave voa soa", díxome que lle era coñecido.
    A explicación de que nestas datas os paxariños casan ten sentido porque a Candeloria considerábase como a festa do amor e do apareamento no reino animal.
    Grazas polo comentario, botábaos de menos.

    ResponderEliminar