31.1.13

ARACNÉ

No texto de Anisia Miranda, de Mitos e lendas da vella Grecia, os alumnos de 1º ESO puidestes ler: 

Atenea, que non agardaba tal reacción da tecedora, foi onda ela e díxolle: 

-Non morrerás, rapaza, pero tampouco has vivir coa túa vida anterior. Condenareite a tecer por toda a eternidade.

De súpeto, os brazos e as pernas de Aracné foron deformándose. A súa cabeza e o seu corpo pequerrecho cubríronse dunha pelaxe visguenta. Atenea transformouna en araña. E desde entón Aracné tece os seus encaixes nas pólas das árbores.









Estes encaixes que vedes nas fotos, son arañeiras, puideron ser feitos por Aracné? Ata hai hedras nas fotografías!. Falaremos diso na clase.

Buscade información sobre o Mito de Aracné. Ides encontrar máis en castelán ca en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario