O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) proponnos ós centros de ensino que incluamos nese día actividades de recitado e gravación, por parte do alumnado, de poemas de Cantares Gallegos.
No noso Instituto xa se están organizando talleres de creación literaria e comezando as ilustracións de poemas de Cantares Gallegos porque se cumpren 150 anos da publicación desta obra.
Podedes consultar os versos que estades ilustrando.
Para celebrar o Día de Rosalía, alumnas e alumnos de 3º, 4º da ESO e 1º BAC vannos cantar, con acompañamento musical, tres poemas da autora: Adiós ríos, adiós fontes, Mais ó que ben quixo un día, de Cantares Gallegos, e Negra sombra, de Follas novas:
Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maino qu'ês ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maino qu'ês ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.
O día 20 poderédelos escoitar na Biblioteca e, se non chovese, tamén no xardín. Aproveitade. Ó salón de actos, o venres, só poderán baixar algúns grupos.
Web para Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario