14.2.13

DÍA DO AMOR EN GALICIA


Na entrada Día da Candeloria explicamos que o día dous de febreiro se celebraba a festa da luz e o día do amor nos antigos costumes galegos.

Para celebralo, copiando a iniciativa do IES Félix Muriel, propuxemos buscar corazóns e acompañalos de textos (non o entendemos como un concurso senón como un traballo de clase). Participastes no traballo alumnos de 1º ciclo e de 1º BAC.

Déixovos neste álbum algunhas fotos que entregastes en formato dixital. Hai moitas máis que non teño nese formato.




Lede tamén un texto de Eugenia de 1º BAC:

Meu rei, non me quero separar de ti. Sei que es soamente un faro no medio do océano, unha árbore nunha arboreda, unha estrela na inmensidade da galaxia ou unha pedra no medio do río. Pero ti sabes que es máis ca iso, sabes que es o meu faro, a miña árbore, a miña estrela e a miña pedra, que es especial, e que non hai máis coma ti.
Así que só che pido unha cousa, que me sigas iluminando, guiando e acompañando para o resto da miña vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario