23.3.13

DOCUMENTAL SOBRE A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


O 17 de maio, Dia das Letras Galegas, vai chegar axiña. Hai que ir pensando que queremos facer, porque estou segura de que imos facer cousas. Para que vaiades coñecendo a Roberto Vidal Bolaño déixovos este traballo feito no CPI dos Dices (Rois).



Trátase dun documental sobre a obra do dramaturgo no que participan Miguel de Lira, Xabier Ron, Xosé Manuel Fernández Castro, Laura Ponte, Eduardo Alonso, Xulio Lago, Avelino González, Ernesto Chao, Rodrigo Roel, Roi Vidal Ponte, Belén Quintáns e Paco Macías.

Vía Carta xeométrica.

Roberto Vidal  Bolaño neste blog.

2 comentarios:

  1. Que bo o documental! Que privilexio ver a xente coma Miguel de Lira a falar dun autor e actor de teatro galego e canto se aprende a través do testimonio da xente máis, ás veces, que a través de biografías case desposuídas do elemento persoa, que enriquece o que sabemos do autor. Grazas polo compartir.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo contigo. Con estes documentais apréndese moito, son como "biografías humanizadas". É moi interesante o Telexornal Vidal Bolaño que fixeron no mesmo centro e no que participan alumnos. Entra en Cadeno de Lingua ou en Carta xeométrica e podes velo.

    ResponderEliminar