Así titulou o seu microrrelato Álvaro González Leiro de 3º ESO C. Foi o gañador na súa categoría do I Concurso de Microrrelato on line: Ollando os nosos artistas.
Déixovolo aquí para que poidades lelo, a información está tomada de Marés a deshora. Os meus parabéns para Álvaro e para Marisa.
O LOBO NA XENTE
Escuridade. Non vexo nada… recordo o punto branco na noite… e logo
escuridade. Onde estou? Estou morto? Estou vivo? Non podo moverme. Aboio na
escuridade. Será esta a miña besta? O lobo… O salvaxe instinto animal que en
todos se atopa. Os nosos máis ocultos segredos… Pecados de avaricia, luxuria,
envexa… Bestas no interior, lobos na xente. Desexos sinistros da sociedade, da
mente colectiva. O que todos desexan e non realizan. O lobo… El non ten
control, revela os nosos segredos. Realízaos. Toda a xente ten un lobo. A
besta. O instinto. O desexo… Ten o control do corpo, desencadéao á noite. A
ambición. O lobo na xente.
ÁLVARO GONZÁLEZ LEIRO, 3ºESO C
IES BLANCO AMOR
Supoño que moitos de vós ó ler o título do microrrelato pensastes en O lobo da xente de Vicente Risco. Podedes lelo aquí. Animádevos que só son sete páxinas.
Podedes ler, na páxina do Concello, os outros microrrelatos presentados ó certame. Creo que é un mérito que os escribísedes e volos publicasen. Algúns quedaron na recámara porque só se podían enviar dous de cada clase, pero había boas historias e vós sabédelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario