O día 16 asistimos á segunda tertulia organizada pola Concellería de Educación de Ourense. Alumnos e profesoras do IES Ferro Couselo, do IES Otero Pedrayo e do IES Blanco Amor falamos de Febre, de Héctor Carré.
Abordamos, entre outros, temas como as relacións entre pais e fillos, a corrupción, a discriminación sexual, a rebeldía que ás veces non dá os resultados agardados, actitudes paralelas vividas en tempos distintos...Vede o traballo de Paloma L. R., publicado na Wiki das catro esquinas do Quinto.
Déixovos este álbum no que vos podedes ver antes de entrar á tertulia e, xa dentro, no Salón do Liceo, dispostos a dialogar. Tamén podedes ver o autor.
O día 17 tivemos a oportunidade de escoitar a Héctor Carré. Falounos da súa faceta de escritor e de guionista e explicounos tamén, respondendo a unha pregunta do público, cal é a súa visión sobre a situación do audiovisual galego nestes tempos de crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario