Lede este poema de Carlos Negro. Penso que a súa lectura pode servirnos para celebrar o día do libro.
UN LIBRO É:
Unha illa de luz
na xema dos dedos.
Unha porta sempre
entreaberta.
Unha duna cara o
vento.
Unha nube sobre a
herba.
Unha casa
encantada.
Unha laranxa do
paraíso.
Unha carapucha
vermella.
Unha bufanda
colorada.
Unha alfombra no
ceo.
A pulga e o
xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o
cervo.
A flor da candea.
A fenda do
espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o
canto.
A voz e o
silencio.
O lugar da
lectura.
Que é un libro para vós? Esta pregunta vai dirixida ós meus alumnos. Xogade a ser poetas.
Agustín Fernández Paz concibe os libros como ríos de palabras que nos cambian a vida e nos implican na transformación do mundo. Vede Ríos de palabras.
Lede o texto de Paula Carballeira, Só un libro.
Lede o texto de Paula Carballeira, Só un libro.
Ó mellor tamén vos gusta ver esta curta de animación:
Moi bonito o vídeo e profe,eu tamén quería enviarte un vídeo no teu correo,pero non me acordei de como era así que... aquí o tes.Por cierto soy Zaira Lucero de 1ºD Besos.
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=6eMC3eHeyN8
Grazas, Zaira. Xa falaremos das correccións.
ResponderEliminar