22.4.13

DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Lede este poema de Carlos Negro. Penso que a súa lectura  pode servirnos  para celebrar o día do libro.


UN LIBRO É:

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara o vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

Que é un libro para vós? Esta pregunta vai dirixida ós meus alumnos. Xogade a ser poetas.

Agustín Fernández Paz concibe os libros como ríos de palabras que nos cambian a vida e nos implican na transformación do mundo. Vede Ríos de palabras.

Lede o texto de Paula Carballeira,  Só un libro.

Ó mellor tamén vos gusta ver esta curta de animación:


2 comentarios:

  1. Moi bonito o vídeo e profe,eu tamén quería enviarte un vídeo no teu correo,pero non me acordei de como era así que... aquí o tes.Por cierto soy Zaira Lucero de 1ºD Besos.
    http://www.youtube.com/watch?v=6eMC3eHeyN8

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Zaira. Xa falaremos das correccións.

    ResponderEliminar