Moitos de vós fixestes caricaturas de Roberto Vidal Bolaño, algúns recreastes carteis das representacións das súas obras ou recollestes aspectos da súa vida e obra; outros moitos ilustrastes textos do autor. Os vosos traballos xa os podedes ver nos taboleiros e nas paredes dos corredores do instituto. Grazas a todos. Algún premio haberá!
Ó longo desta semana tamén se están facendo lecturas dramatizadas, guiadas por Miguel, de pequenos anacos de obras do autor. Lucía e Iago levaron o traballo de aprender a Variación II de Animaliños, e preparámoslles un xardín; non son "cento dezaseis metros de paraíso" nin é "un xardinciño francés" como se di na obra.
Simplemente reciclamos o traballo que Carmucha e algunhas alumnas de 4º prepararan para a festa dos alumnos de 2º BAC. Aquí tedes o "xardín", está feito con secoia, espiño, sabugueiro e rosas.
Vaia, Marina, que post tan chulo e tan tenro. Unha vez, enlazareite en LECTURAS cando colgue a entrada correspondente ás Letras.
ResponderEliminarFelicidades pola túa entrada tan leda e completa.
Avelina
A verdadeira entrada teremos que facela cando poidamos publicar os carteis, as ilustracións e algunha foto dos alumnos e alumnas que recrearon anaquiños das obras de Vidal Bolaño. Temos que agardar o veredicto do xurado.
ResponderEliminarGrazas por esas palabras tan agarimosas.