Seleccionamos textos que nos pareceron adecuados para que os alumnos imaxinedes como poden ser algúns dos personaxes das obras de Vidal Bolaño.
Ánimo!
Hanvos axudar os profesores de plástica.
Gustaríavos ilustrar este texto de Animaliños?
(No xardín dun adosado. A penas ten alborexado, tralo mesto nuboeiro da
mañá vai xurdindo a figura inquietante e témera dun home con aspecto de
astronauta. Cruza dun lado ao outro do xardín fumigadora ao lombo, acabando con
toda canta vexetación atopa ao seu paso. Algo entre a follaxe dun camelio
semella arrepoñérselle. Fumiga unha e outra vez con insistencia, pero vese que
non consegue o seu obxectivo. Leva a man ao cinto pausadamente, tira de
automática e sen pestanexar sequera, cúspelle a aquel camelio o cargador
enteiro. Co derradeiro tiro, medra a néboa e a figura desaparece)
No hay comentarios:
Publicar un comentario