O troco de libros foi unha das actividades que se realizaron no instituto para celebrar o Día do libro. Tivo moito éxito. Visitade o blog Lecturas e algúns recoñecerédesvos no traballo que preparou Avelina.
Houbo menos participación na actividade que planificaron as profesoras do Grupo lector. Era un Tres en raia; tiñades que facer coincidir os textos coa obra e o autor :
Era complicado descubrir a obra e o autor se liades o texto que vedes a continuación? Resolvédeo.
O que fixestes moitos alumnos de 1º ESO foi un poema inspirándovos no de Carlos Negro. Deixo aquí algunhas mostras e continuaremos as publicacións.
Un libro é:
Un libro é una porta a outro universo,
é camiño sen rumbo onde poder perderse,
unha fonte de soños sempre frescos,
unha guía de citas coas que entenderse.
Un libro é luz e escuridade,
é vida e morte,
fantasía e realidade,
mentira e verdade.
U n libro é un paraíso,
ás veces odiado,
ás veces amado,
e outras moitas, desexado.
Un libro é máis ca palabras,
son cantares de amor,
recordos do pasado,
a ledicia dun momento gardado.
Un libro é esperanza,
ganas de vivir,
sen vivir realmente,
vivindo todo o que narra.
Antía. 1º ESO D
UN LIBRO É:
Un soño que
nunca remata.
Unha risa que
sempre soa.
O canto dunha
fada.
Un libro son
páxinas amarelas ou brancas
que cantan
palabras
que son libres
na folla
e que non só
falan.
É un sentimento
alegre ou feliz,
triste ou
enfadado
que entra polo
noso nariz.
Ulimos as
palabras
e xa sabemos que
ler.
Ulimos o libro
e xa sabemos que
o hai que coller.
É un xoguete sen
pilas
que funciona
impaciente
que espera día e
noite
a que esteas
complaciente.
É unha nube que
nunca desvanece.
Branca ou negra,
sempre presente
que deixa caer
os nosos ollos
nas páxinas
existentes.
A xente que le
un libro,
máis sabia é
pois aprende
cousas
que lles quedan
no corazón.
Ana. 1º ESO D
UN LIBRO É…
Unha chave
que abre a nosa ilusión.
Unha porta
aberta ao coñecemento.
Un obxecto
almacenado no corazón.
Unha ilusión
que segue o seu rendemento.
Unha cabeza
chea de ideas.
Un gran
agrupamento de sentimentos.
Un mundo con
moitas mareas.
Unha nube
caída do ceo.
O sorriso
dos lectores.
A luz que
guía na noite.
Un novo
mundo para os soñadores.
Aldara 1º ESO B
Hola Marina, grazas por publicar o meu.
ResponderEliminarO texto é de Blanco Amor e pertenece a Os dous de sempre, calque ira dos tus alumnos debe saberlo, polo menos os de primeiro.
Ah, son Antia de 1D
Antía, creo que te equivocaches en algo ó facer o comentario. O autor é Blanco Amor? Mírao ben, seguro que aínda tes na casa o libro de Castelao.
ResponderEliminarMarina, moitas grazas por plublicar o meu poema tamén, gústame ver o meu nome debaixo do poema. Lédome tamén porque colocaches o que non estaba moi segura de ensinarte.
ResponderEliminarTodo-los poemas son bonitos, e conseguiches poñer na entrada máis recente o de Helleni, non o leu na clase, e así podemos saber como escribe.