Un libro para min é :
Un mar con letras.
Unha historia interminable.
A maxia dun deus.
Letras sen sentido.
Un amigo para sempre.
O nacemento da túa vida.
Máquina de estudo.
Artista sen nome.
Lei sen nome.
Cara que non ten boca.
Ás veces pode ser:
Falar coa boca pechada.
O vento sen sentido.
A música sen letra.
O anxo sen ás.
E moitas, moitas cousas máis.
Helleni Iuliana. 1º ESO D
Para min un libro
é:
Unha aventura,
xa que con el,
podo viaxar
a partes do mundo
que na vida real
non podería.
Trasladarme
a outros tempos
descoñecidos por
min.
Ou vivir
aventuras
que de seguro
na vida real
non pasarían.
Cando leo,
métome no lugar
dos personaxes
e sinto os seus
sentimentos
coma se fosen os
meus.
En fin, necesito
ler
como as plantas
necesitan a luz
solar.
Como os peixes
necesitan a auga.
Como os cereais
necesitan o seu
leite.
e como a noite
necesita ás
estrelas e a lúa.
Ana María 1º ESO B
OS NOSOS LIBROS
Un Don libro sentado no sillón,
esperando a que viñera algún lector.
O mellor amigo é o libro,
que é discreto e sabe o que sinto.
Cos nosos libros, libros galegos,
na época de choiva divírtense os nenos.
Libros galegos, cheos de letras,
pero con debuxos de moitas teas.
Os libros galegos melloran a mente,
ademais dunha linguaxe de boa xente.
Goza dos libros,
e terás amigos.
Andrea Luaces 1ºESO B
Cando nas tardes de
inverno
miro pola miña fiestra
lembro como te lía
ao carón da miña
lareira.
Gústanme as túas
historias
escritas hai moito
tempo
porque consigo
evadirme
e ter só bos momentos.
No verán tamén te
traio
metido no meu saqueto
e polas noites me
acompañas
sendo o mellor
compañeiro.
Dende pequeno
escoitaba
a miña nai lendo un
libro
sentadiña á miña beira
ou aos pés da miña
cama.
Por iso te teño
presente
dende hai case trece
anos
acompañándome sempre
nos bos momentos diarios.
Óscar 1ºESO B
nos bos momentos diarios.
Óscar 1ºESO B
Hola Marina , queríache enviar unha foto de hay moitos anos , onde creo que sale un familiar teu, pero non sei se tés correo......se o tés por favor envíamo a :clarysse2009@hotmail.com.
ResponderEliminargracias , un abrazo