5.5.13

DÍA MUNDIAL DO LIBRO. UN LIBRO É:

O troco de libros foi unha das actividades que se realizaron no instituto para celebrar o Día do libro. Tivo moito éxito. Visitade o blog Lecturas e algúns recoñecerédesvos no traballo que preparou Avelina.

Houbo menos participación na actividade que planificaron as profesoras do Grupo lector. Era un Tres en raia; tiñades que facer coincidir os textos coa obra e o autor :



Era complicado descubrir a obra e o autor se liades o texto que vedes a continuación? Resolvédeo.


O que fixestes moitos alumnos de 1º ESO foi un poema inspirándovos no de Carlos Negro. Deixo aquí algunhas mostras e continuaremos as publicacións.


Un libro é:

Un libro é una porta a outro universo,
é camiño sen rumbo onde poder perderse,
unha fonte de soños sempre frescos,
unha guía de citas coas que entenderse.

Un libro é luz e escuridade,
é vida e morte,
fantasía e realidade,
mentira e verdade.

U n libro é un paraíso,
ás veces odiado,
ás veces amado,
e outras moitas, desexado.

Un libro é máis ca palabras,
son cantares de amor,
recordos do pasado,
a ledicia dun momento gardado.

Un libro é esperanza,
ganas de vivir,
sen vivir realmente,
vivindo todo o que narra.


Antía. 1º ESO D

UN LIBRO É:


Un soño que nunca remata.
Unha risa que sempre soa.
O canto dunha fada.
Un libro son páxinas amarelas ou brancas
que cantan palabras
que son libres na folla
e que non só falan.
É un sentimento
alegre ou feliz,
triste ou enfadado
que entra polo noso nariz.
Ulimos as palabras
e xa sabemos que ler.
Ulimos o libro
e xa sabemos que o hai que coller.
É un xoguete sen pilas
que funciona impaciente
que espera día e noite
a que esteas complaciente.
É unha nube que nunca desvanece.
Branca ou negra, sempre presente
que deixa caer os nosos ollos
nas páxinas existentes.

A xente que le un libro,
máis sabia é
pois aprende cousas
que lles quedan no corazón.

Ana. 1º ESO D



UN LIBRO É…

Unha chave que abre a nosa ilusión.
Unha porta aberta ao coñecemento.
Un obxecto almacenado no corazón.
Unha ilusión que segue o seu rendemento.
Unha cabeza chea de ideas.
Un gran agrupamento de sentimentos.
Un mundo con moitas mareas.
Unha nube caída do ceo.
O sorriso dos lectores.
A luz que guía na noite.
Un novo mundo para os soñadores.


Aldara 1º ESO B



3 comentarios:

  1. Hola Marina, grazas por publicar o meu.
    O texto é de Blanco Amor e pertenece a Os dous de sempre, calque ira dos tus alumnos debe saberlo, polo menos os de primeiro.
    Ah, son Antia de 1D

    ResponderEliminar
  2. Antía, creo que te equivocaches en algo ó facer o comentario. O autor é Blanco Amor? Mírao ben, seguro que aínda tes na casa o libro de Castelao.

    ResponderEliminar
  3. Marina, moitas grazas por plublicar o meu poema tamén, gústame ver o meu nome debaixo do poema. Lédome tamén porque colocaches o que non estaba moi segura de ensinarte.
    Todo-los poemas son bonitos, e conseguiches poñer na entrada máis recente o de Helleni, non o leu na clase, e así podemos saber como escribe.

    ResponderEliminar