Ata agora falar de O porco de pé era falar da novela de Vicente Risco, de Don Celidonio, do Doutor Alveiros, da Biblioteca Municipal que arde e da música que segue a soar...
Os alumnos de 1º ESO, ó traballar o retrato e a caricatura, soubestes quen era Don Celidonio e como o describía Risco:
Don Celidonio é gordo e artríteco. O
carrolo sáelle pra fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas
hipertrofiadas, da cór do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que
botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco pra abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo,
e no vran súdao en regueiros aceitosos i en pingotas bastas, como as que deitan
os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o
miolo de D. Celidonio. Se lle escacharan a testa, que tiña que ser con
pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada habían atopar un unto. Corpo e
alma, tanto ten, todo é grasa e manteiga. Don Celidonio é igoal por dentro ca
por afora: carne i esprito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo
adubo de ourégano e pemento.
Podedes vela na exposición ANDANTE, unha colección de arte contemporánea na que participan artistas de máis de vinte países e que traballan a partir dun molde de zapato ata transformalo nun obxecto de arte.
Podedes visitar a exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ata o 24 de xuño. Algunhas pezas das que alí se expoñen, e outras diferentes, podedes velas nesta ligazón.
Déixovos algunha mostra. As fotografías son de móbil, coma sempre, e seguro que vós seleccionariades outras.
Hai que ver a exposición. Animádevos!
Esta última é de Moncho Borrajo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario