O título desta entrada é o dun poema de Rosalía, da súa obra Follas Novas, do libro V, As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos.
Acordeime deste poema cando vin no patio da casa dos nosos anfitrións do Ribeiro, unha figueira centenaria que se foi adaptando ó espazo e que ten unha forma un tanto caprichosa, pero que a min me parece moi fermosa. Déixovos a primeira parte do poema e a figueira para que vós xulguedes:
¡Terra a nosa!
I
Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se din alí!
¡Risas que se oien nas seráns tranquilas
do cariñoso abril!
E tamén ¡qué tristísimos adioses
Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se din alí!
¡Risas que se oien nas seráns tranquilas
do cariñoso abril!
E tamén ¡qué tristísimos adioses
se acostuman oír!
Esta figueira, coma a do poema de Roslía, escoitou, o venres, falas, contos, risas e algúns outros segredos que garda para ela. Puido percibir, tamén, alegría pola presenza dunha compañeira que padecera un contratempo pola mañá e que pensabamos que non ía poder estar connosco.
Grazas, compañeiros, pola vosa xenerosidade e pola vosa atención esmerada.
Grazas, compañeiros, pola vosa xenerosidade e pola vosa atención esmerada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario