Descubrín no valado do adro dunha igrexa do Ribeiro esta placa. Moitos dos que están soterrados nese adro podían saber algo de castelán porque era o que lles ensinaban nas escolas unitarias da zona; tamén podían saber outros idiomas aprendidos, con moitas dificultades, na emigración pero podo asegurarvos que a súa lingua era o galego. Penso, polo tanto, que é unha homenaxe ben merecida.
Cantos dos que vivimos no século XXI merecemos unha homenaxe semellante? Reflexionemos ou non lle fagamos caso a estas pequenas cousas que a min me chaman a atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario