Con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas que terá lugar
do 12 ao 16 de maio de 2014, a Concellería de Educación do Concello de Ourense convoca o Segundo Concurso de Microrrelato on line no que os alumnos e alumnas que
desexen participar terán a oportunidade de publicar a súa obra en
internet así como a posibilidade de gañar un premio.
O texto deberá ter un título e estar escrito en galego nun máximo de 180 palabras.
Álvaro González Leiro foi o gañador do I Concurso de Microrrelatos. Lede o seu microrrelato, O lobo na xente, no blog de Marisa, MARÉS A DESHORA.
Aquí o vedes co seu regalo:BASES CONCURSO
- Poderán participar alumnos/as de 3º ciclo de EP, ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS de centros de ensino da cidade de Ourense.
- Establécense dúas categorías: A do 3º ciclo de Ed. Primaria e a de ESO e ESPO
- O microrrelato deberá realizarse individualmente, ter título e estar escrito en galego nun máximo de 180 palabras. A temática será “Lendas e Supersticións de Galicia”
- Os textos presentados deben ser inéditos e orixinais e a primeira selección será realizada polo/a profesor/a de lingua galega de cada centro participante, non podendo exceder de 2 microrrelatos por aula e respectando sempre as bases e que os contidos non sexan de carácter ofensivo
- O prazo de presentación rematará o 11 de abril de 2014 ás 14:30h
- Cada traballo presentado deberá ser enviado polo profesor por e.mail indicando o centro de ensino e o curso, así como o título do relato e o nome e apelidos do autor ou autora do mesmo.
Posteriormente será colgado na web pola
coordinadora da actividade indicando só o título e o curso
- O Certame establece dous premios consistentes nunha tablet cada un deles
(un para a categoría de 3º ciclo de EP e
outro para a categoría de ESO e ESPO)
- O xurado estará composto por profesores de lingua ou escritores e persoal técnico das Concellerías de Educación e/ou Cultura.
- A entrega de premios realizarase durante a Semana das Letras Galegas.
- Na marxe dereita da nosa páxina web, haberá un apartado durante todo o curso escolar ao que se poderá acceder sen contrasinal ás bases e ós microrrelatos publicados.
- Os mellores traballos poderán ser recompilados para ser publicados nun futuro pola Concellería..
- A participación neste certame implica a aceptación das bases.
Se consultades Galicia Encantada, Galicia Espallada, Somos lenda viva e estoutra ligazón, ó mellor inspirádesvos e animádesvos a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario