Aquí vos deixo máis traballos:
O xogo de cupido
Marchou deixándome só, ¿Cómo puido facelo? Xuroume
amor eterno, e agora o único que me queda son moitos recordos e a visión dos
seus pasos afastándose de min …
O amor non é máis ca unha ilusión, un espellismo
irreal e efémero.. pero este pode chegar a destruír por dentro as persoas…
Agora sinto coma se nos meus adentros tivese unha
besta presa, loitando por liberarse e fuxir arrasando con todo ó seu paso.
Só me queda maldicirte; si, a ti, Cupido, ser todopoderoso
que xogas cos sentimentos das persoas entrelazándoas, destinándoas a un futuro
amargo.
Pero a min non me volverás enganar, levantarei un
escudo e non volverei permitir que me toques coa túa graza infernal. Non volverei ser débil. Non
volverei crer no amor.
Noel.1º BAC D
DOCE.
Que doce, que doce
es cando me miras con eses ollos de amor.
Que doce, que doce
es cando me chamas, cando me fas rir nos días tristes.
Que doce, que doce es cando me bicas, cando pousas as túas mans nas miñas meixelas.
Que doce, que doce es cando me bicas, cando pousas as túas mans nas miñas meixelas.
Que doce, que doce
es cando choras, cando sorrís e incluso cando te enfadas.
Es doce no verán,
no inverno, no outono, na primavera.
Só che pido que
nunca te volvas amargo, porque a min gústasme así, doce.
Belén 1º BAC D
Nada é eterno.
Un pensamento,
un doce sono,
un sentimento.
Foron esas pequenas cousas
as que me namoraron,
pero nada é eterno
e todo remata.
As olladas tenras
tornáronse escuras,
as palabras doces
volvéronse amargas.
Se todo puidese sentirse tan real por sempre.
Se todo puidese ser tan bo outra vez …
María. 1º BAC. D
No hay comentarios:
Publicar un comentario