Un ano máis o profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o do Departamento de Plástica traballamos conxuntamente para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano para homenaxear a Díaz Castro, o autor de Nimbos.
Os verdadeiros traballadores fostes os alumnos de 1º, 3º e 4º ESO que vos ocupastes de ilustrar poemas de Nimbos. Os vosos traballos xa están colocados nos corredores das tres plantas do Instituto.
A outra gran traballadora foi Pilar Sevillano, profesora de plástica, que seleccionou algunhas ilustracións e as montou nestes ISSUU para que poidamos velas e para que permanezan no tempo.
As ilustracións dos textos foron feitas con diversas técnicas; Os alumnos
de 1º ESO empregaron máis a colaxe, mesturada con liña gráfica. Os
alumnos de 3º e 4º utilizaron os materiais clásicos como lapis de grafito, lapis
de cores, rotuladores e pasteis. Algunhas imaxes de 4º levan unha capa de cor
con ceras, e despois unha augada de tinta chinesa.
Noraboa! Estupendos traballos!
ResponderEliminarGrazas, Begoña. Xa lles transmito os teus parabéns ós verdadeiros artistas.
ResponderEliminar