Manuel Rivas estivo no IES Blanco Amor pero non con alumnos deste instituto. Estaba para facerlles unha lectura dramatizada da súa obra O raposo e a mestra ós alumnos de primaria do CEIP A Ponte e o CEIP de Prácticas. César Freiría coa "súa orquestra" (moitos instrumentos e un só músico) acompañábao no seu espectáculo.
Ese día coñecín un Manuel Rivas diferente ó que eu coñecía por ter lido obras súas e artigos de prensa, ou por telo visto nas presentacións de obras de adultos. Ese día descubrín un verdadeiro actor que enfeitizaba pequenos e grandes: lía, cantaba, bailaba, durmía e espertaba. Tamén instruía os espectadores, nenos de primaria que vivían o momento con ilusión. Case me arrepentín de non ter levado os meus alumnos de primeiro de ESO.
Atopei na rede un vídeo que vos pode axudar a entender o que digo. Nada que ver coa actuación en directo! Nesta ocasión ata estaba caracterizado de raposo. O rabo era unha bufanda!
Deixounos sinaturas no libro de visitas e na obra O raposo e a mestra. Dámoslle as grazas ó autor.
Grazas, Avelina, pola foto e por lle ter pedido a Manuel Rivas estas sinaturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario