8.6.14

PREMIOS XERAIS 2014


Xa coñecemos as gañadoras e o gañador dos Premios Xerais deste ano: María Reimóndez gaña o Xerais, Ledicia Costas o Merlín e Eduardo Santiago o Julio Verne. Temos que esperar que as súas obras  sexan publicadas para poder lelas.

Os alumnos de 1º ESO xa coñecedes Recinto gris, e os de terceiro O corazon de Xúpiter, de Ledicia Costas. Ós alumnos de 1º BAC recoméndovos O club da calceta, Pirata ou En vías de extinción, de María Reimóndez, e ós que vos gusten as historias de ciencia ficcion, podedes disfrutar coa obra de Eduardo Santiago, 2044.



E agora un anaquiño para ler e reflexionar.

"O presente precisa de nós, en cada momento. Precisa da  nosa atención, da nosa implicación coas causas e coas cousas, da nosa enerxía total. O pasado está para aprender del, non para suspirar cada vez que mencionan algo da nosa infancia. A nostalxia é, se mo permitides, perigosa. Porque un afán de nostalxia levou os nazis ao poder, un afán de nostalxia levou o franquismo e fai que continúe na nosa sociedade e un afán de nostalxia fixo de Rosalía de Castro un cadáver para a nación galega. É perigosa a nostalxia tamén porque mata os discursos que son actuais mesmo se veñen de lonxe, fosilízaos, como lle pasou ao de Rosalía, nun mausoleo absurdo. Así andamos sempre na ficción de que o que acontece agora non aconteceu antes nunca, se ben o que as feministas reclaman hoxe, por poñer un caso, xa o reclamaba Alexandra Kollontai ou as poetas Sangam do sur da India hai séculos. A nostalxia, pois, mata a posibilidade de entender o presente dende o pasado porque fai deste último unha peza de museo inmóbil e baleira, carente de sentido político."

María Reimóndez. En vías de Extinción. 1ª edición: xuño 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario