Mentres nós durmiamos tranquilamente na cidade, a mocidade da aldea, a noite de San Xoán, sacounos a cancela dos seus gonzos, levárona ás escaleiras doutra casa e alí a deixaron atada. Foron os nosos veciños da aldea os que nos avisaron para que fósemos recuperala.
Tamén estaban cambiados de sitio varios testos con plantas. A mocidade divertiuse e nós non llelo tomamos a mal porque é bo que os costumes se manteñan. Con todo, penso que quixeron darnos moito traballo porque as testos movidos eran quince, e algúns ben grandes e pesados!
Tamén estaban cambiados de sitio varios testos con plantas. A mocidade divertiuse e nós non llelo tomamos a mal porque é bo que os costumes se manteñan. Con todo, penso que quixeron darnos moito traballo porque as testos movidos eran quince, e algúns ben grandes e pesados!
Nestes refráns xa se recolle este costume da Noite meiga de San Xoán:
Se queres roubar un portal polo San Xoán, come moito e sobre todo pan.
Na noite de San Xoán, rapaz, rouba portais se eres capaz.
Na nosa casa só se mantén o costume de apañar herbas aromáticas e deixalas metidas en auga e ó sereno para lavarnos con esa auga ó día seguinte; Segundo di miña nai, hai que lavarse antes de que saia o sol pero isto último non o cumprimos.
As herbas de San Xoán
Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos e certas herbas
recendentes, e deixase toda a noite ao descuberto -prefrible sobre o tellado-
pra que adequira o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán tódolos membros
da familia, en especial os nenos, teñen que lavarse con esta auga milagreira,
que, por certo, arrecende maravillosamente (ule a rosas, xa se ve)
É unha usanza común a toda Galicia o recoller na tarde e na noite de San
Xoán diferentes herbas e flores, botalas en auga e deixalas na auga ó sereno
pra que collan o orballo desta noite prá mañá lavárense todos naquela auga.
As herbas que se collen pra iste uso son: os sanxoáns, alcroques ou abrulas
(dixital); o fiuncho ou fiollo; o codeso; o fento macho; o trovisco; ponlas de
nogueira, ponlas de ameneiro ou amieiro; espadana; sabugueiro; romeu; malvas;
Romeo artemisa; arzáis; rosas de nabo; ágramo; herbas de San Pedro; rosas de
sábrego; poutas de lobo; herba de nosa señora (matricaria); follas de carballo,
castiñeiro; rosmaniño; perpetua; roseiras;...
Esta auga, en que estiveron de remollo as herbas, tén propiedades
manciñeiras, máxicas, pra curaren dos aires lurpios, envexas, etc. e
cosméticas, para pór mais bonitas ás mozas e darlles boas cores e finura de
pel.
Na noite de San Xoán, se as mozas meten certas herbas debaixo do cabezal
poden ver en soños ó home con que van casar.
Pódese saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan e
vendo pró outro día si están verdes ou si secaron; así iralleó que está lonxe,
ben ou mal.
Tamén é a noite propicia pra curaren ós nenos do engadino e das
esbrilladuras. Fenden en dous un carballo e pasan ó rapaz pola fendedela,
intervindo dúas Marías ou unha María e un Xan, pasándollo un ó outro tres veces
decindo "Toma María - Daca Xoán - Doucho crebado - Darásmo Sán". Logo
atan o árbore ben atado, asegún estaba, e si solda é que o neno cura, sinón é
que non cura.
As sete herbas básicas son : a
herba de San Xoán que limpa a cara de grans, o fiuncho é a que corre ós malos
espíritos, a herba luisa sempre foi moi usada para todo, especialmente para as
dores de estómago, o codeso ou piorno, o fento macho é moi apreciado contra as
tenias pero ten que ser usado con moito coidado pois é velenoso, a malva úsase
para resfriados, bronquitis, problemas dixestivos, e o romeu para reuma,
artrite, dores de gorxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario