7.4.15

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA. LEDICIA COSTAS


Unha lectura axeitada para os máis pequenos esta obra de Ledicia Costas.



 Ilustración de Victor Rivas para a portada da obra.

Podedes ler a ficha do libro para animarvos a lelo enteiro; non vos ides arrepentir e ata podedes cociñar algunha das receitas que aparecen na obra.

Mirade a quen atopa Román no inframundo:

E no centro da peza estaba Amanito, un ser deforme. Era xigante, debía medir bastante máis de dous metros. Tiña unha chepa esaxerada que se inflaba no seu lombo como o fol dunha gaita, facéndooo parecer máis grande do que xa era. A súa faciana, de cor violeta, lucía un nariz prominente e ganchudo e un enorme papo de aparencia mol, todo engurrado e cheo de cogomelos que agromaban con liberdade. Semellaba que a pel do cacique fose un monte húmido e bravo onde aqueles fungos medraban a eito. Os seus brazos, longos e delgados coma serpes, remataban en dúas mans inzadas tamén de fungos e cogomelos de distintos tamaños. Daba noxo velo! Seguro que tamén tiña cogomelos entre as dedas dos pés e detrás dos xeonllos. Pero o seu corpo non foi o que máis me asustou. O que verdadeiramente me fixo tremer como unha vara, foi a sombra que proxectaba na parede. Tiña vida propia. Era monstruosa, con dedos picudos e unha enorme boca con dentes tamén rematados en punta. Era como estar vendo unha peli de terror en branco e negro.
...
Amanito estaba inflado coma unha androlla, unha botifarra ou un chourizo de cebola dos que mamá lle bota ao cocido os domingos de inverno. (Páxinas 101-103)

Cando acabedes a lectura contádesme que lles ocorre a Amanito e ós seus esbirros de boca cosida.

Non me digades que non vos gusta Nicotina, a mortobuseira que traslada a Román ó inframundo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario