FESTAS
Todos os anos degaraba aquel día, todos os anos aquel día choraba. Polo vieiro do ano, choutaba de festa en festa a ledicia do meu peito novo aínda, e na festa grande, cando tiña de escomenzar a choutar de novo, choraba sempre.
Diante min tiña todos os brinquedos, todas as
langoñadas que pidira, e aínda eisí choraba, porque chegara a telas. Foron
dous, tres, catro anos de chorar na ledicia con saudade; diste xeito chegóu un
ano en que non tiven xoguetes, e choréi na mágoa. Mais dígovos de certo, que
nas miñas coitas tiña unha morna ledicia pola saudade dos tempos en que choréi
sin ter por qué chorare.
Podedes consultar anacos doutros contos de Qintana Viva, se así o desexades. A selección fíxose pensando en que son textos que se prestan para ser ilustrados.
Aprenderemos moito con este traballo de Revolta da freixa:
Aprenderemos moito con este traballo de Revolta da freixa:
Filgueira Valverde: obra literaria from revoltadafreixa
Tamén podemos ler Seis canciones del mar in modo antico.
Tamén podemos ler Seis canciones del mar in modo antico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario