Que me gustan os penedos é un segredo a voces. Un compañeiro sábeo ben e mandoume estas fotos de penedos do Canón do Sil.
Quixen buscar textos nos que aparecese a palabra penedo e fíxeno entrando na BVG. Seleccionei dous para vós: Un poema de Manuel María e un anaquiño de Na Noite estrelecida de Cabanillas.
AFIRMACIÓN
Esa voz, tan tua, que xa é miña
ábreme na intimidade claridades
cara ó gozo infindo do saberte
comenzo e remate de mín mesmo.
Dígoche quen son pra que olles
a miña carne chea de tremores
e a alma ateigada de incertezas
que só de tí agarda salvación.
É hora de decirche que son fleve,
unha sombra, unha folla pequena
a que fai tremar o vento mais sotil,
e a que pode matar o vo dun merlo.
É hora de decirche que o amor
é a razón de ser da miña vida:
ese soplo levián que vive en tí
agardando tan só pola tua vida.
Xa é hora de decirche pra sempre
que é o amor como un penedo:
unha árbore plantada no meu sangue
que non pode arrincarse sin matarme.
Esa voz, tan tua, que xa é miña
ábreme na intimidade claridades
cara ó gozo infindo do saberte
comenzo e remate de mín mesmo.
Dígoche quen son pra que olles
a miña carne chea de tremores
e a alma ateigada de incertezas
que só de tí agarda salvación.
É hora de decirche que son fleve,
unha sombra, unha folla pequena
a que fai tremar o vento mais sotil,
e a que pode matar o vo dun merlo.
É hora de decirche que o amor
é a razón de ser da miña vida:
ese soplo levián que vive en tí
agardando tan só pola tua vida.
Xa é hora de decirche pra sempre
que é o amor como un penedo:
unha árbore plantada no meu sangue
que non pode arrincarse sin matarme.
Manuel María. Entre a arxila e a luz.
Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira.
Unha brétema escura desfacíase en bágoas
no curuto das pedras e no limpo das ágoas,
e zarraba o camiño á terra de arribada,
como forte parede por xigantes labrada
ó longo da ribeira, impoñente penedo
sin rubida ni asalto nin buraco segredo.
Galahaz colleu terra levado do seu sino,
o corazón escravo dun mandado divino,
e mentras desparece o escuro neboeiro
e a barquiña se alonxa guiada do luceiro,
ollou, dunha raiola de sol dependurada,
descer dos outos ceos brilante e longa espada
que abrindo no rochedo unha fonda ferida,
ficou nel encravada, deica ó puño afundida.
Á vista do milagro, o baril cabaleiro
aceso nunha sagra fervenza de romeiro
e no peito unha arela que maior non podía,
que lle acorra e lle vala pregou Santa María.
E chegándose á pedra, de ánimo esforzado
botoulle man á espada e cingueuna ó costado.
O penedo, a tal intre, foi por medio fendido
deixando aberto e franco un camiño frorido
que corría unha terra verdecente e mimosa
na que os pinos erguían a súa voz maxestosa,
eran groria dos ollos rebrilos dos orballos
nas herbiñas das leiras e as follas dos carballos,
un río de ágoas limpas, azúes e sereas
durmíase nun leito de douradas areas,
recendo de fiúnchos enchía o vento mol
e as lavercas voaban en circos cara ó sol.
E Galahaz trunfante e cheo de ledicia
entrou camiño adiante, en terras da Galicia.

Cabanillas. Na noite estrelecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario