19.6.15

O MEU DERRADEIRO DÍA DE CLASES


Onte e hoxe houbo para min sorrisos, bicos, apertas, palabras cariñosas, aplausos, cartolinas decoradas con moitos escritos, galletas dedicadas, postais, cartas, flores... Todo iso porque os meus alumnos e os meus compañeiros sabían que era o meu derradeiro día de clase.

Xa teño concedida a xubilación anticipada con data do 10 de setembro, ata esa teño que seguir facendo avaliacións, ensinar os últimos exames, asistir a un claustro, preparar os exames de setembro, facer a memoria de fin de curso; pero xa non volverei dar clases.

Non sinto ningunha tristeza, foi unha decisión tomada libremente para seguir traballando noutros mesteres.

Grazas a todos polas vosas mostras de cariño. Poderedes seguir encontrándome neste Camiño longo que xa veremos a onde nos leva a partir de agora. 

Flores das miñas para todos vós:


5 comentarios:

  1. Preguntástesme varios como se chama a flor que aparece na segunda fotografía. Na miña aldea téñena varias persoas e todos lle chamamos lágrimas. Buscando, descubrín que debe ser unha Fuchsia magellanica. Hai varios tipos pero algunhas imaxes que vin coinciden totalmente.

    ResponderEliminar
  2. Fotos e flores sairán gañando. Eu xa te estraño

    ResponderEliminar
  3. Querida Marina, parece que foi onte cando empezaches este camiño dixital e xa pasaron catro anos… Canta ilusión e canto traballo!
    Gústame ler que non sintes tristeza e saber que o camiño sigue, seguramente máis persoal aínda, sen as obrigas académicas. Botareite de menos polos corredores pero virei a dar unha volta de vez en cando para saber de ti. Deséxoche o mellor nesta nova andaina.

    ResponderEliminar
  4. Aurora, xa dixen en máis dunha ocasión que sen ti este Camiño non se andaría. Naceu cando, coas túas clases e co teu traballo no blog Profesblanco, me fuches ensinando a moverme un pouquechiño nun mundo que para min era moi descoñecido.
    Percorrendo este Camiño Longo paseino ben e aprendín. Moitas grazas por todo.

    ResponderEliminar