29.6.15

PERDENDO A MODESTIA E DANDO AS GRAZAS.


Ó mellor non entendedes moi ben o título desta entrada, pero, se vos digo que a fago para agradecerlle a Marisa a que me dedicou no seu blog MARÉS A DESHORA, ides comprendelo mellor.

As grazas son tamén para todos os profesores que me fixeron o agasallo de despedida: xantar, discurso, concurso, flores, cadro, un libro; e para todos os que, sen estar presentes, me acompañaron igualmente.

Máis flores para todos vós. Oxalá reciban moitas caricias! Esta vez tocoulles ás azaleas e, outra vez, ás hortensias.




En setembro aínda vou estar convosco no instituto. Logo, algúns non vos libraredes de invitarme a un café de cando en vez. 

Feliz verán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario