Vaias por onde vaias a natureza obrigate a pararte e admirar a explosión de matices crómaticos que a visten: verdes, amarelos, marróns, violáceos, púrpura, grises. Todos en perfecta harmonía.
Aquí tedes unha pequena mostra das cores de outono na nosa cidade e nunha aldea próxima:
Gustaravos ver estoutras fotos, moito mellores ca as miñas.
Agora que é Outono, miña amiga,
miña amante e sinxela compañeira,
habémonos chegar deica a ribeira
onde a brisa deixou unha cantiga.
E que sexa Outono quen nos diga
os segredos que ten a sementeira,
como se foi espindo a carballeira
e que promesas granarán na espiga.
Nós sabémonos puros e cumpridos
ao sentirnos tan un e tan xunguidos
nesta paisaxe lene e musical.
¿Non lembras, en Outonos xa vividos,
ao río retratar no seu cristal
os soños que coidábamos perdidos...?
Manuel María, Poemas ó Outono
Poden interesar estas actividades.
Aínda bo é que segues en activo dende o salón da casa.
ResponderEliminarXa sabes que teño pouco tempo pero gústame seguir aquí. E case sempre procuro que o que fago poida servir para alguén.
ResponderEliminarOs comentarios danme forza, non deixedes de facelos. É unha forma de estar en contacto.