Longa noite de pedra é, como sabedes, un poema de Celso Emilio Ferreiro pentencente ó libro que ten o mesmo título có poema. Barbie girl é un poema do libro Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
Cando lera o poemario de García Negro, aínda estaba no Instituto, pensara en traballar co alumnado estes dous poemas porque teñen cousas en común. Se alguén pensa coma min, que o faga.
Estiven vendo os traballos que fixeramos no ano de Celso Emilio e gustoume recordalos.

LONGA NOITE DE PEDRA
No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.
CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra .
I eu,morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Barbie girl
O noso universo é rosa.
Rosas
son os muros
da
prisión das princesas.
Rosa o
amor
e o
estampado dos vestidos.
As
fadas,
as
bonecas,
a luz,
a laca
de unllas,
as
máscaras,
son
todas rosas.
As
portadas das revistas
que nos
deseñan os soños,
feitas
están
tamén
co
fulgor tan delicado do rosa.
E eu,
pequena
larva
afogando
entre
estas catro paredes
eternamente
de rosa.
y cuales son las semejanzas?
ResponderEliminar