Lía hai un anaco no Sermos Galiza que esta mañá morreu Neira Vilas. Unha fonda tristura é a que sinto pero reconfórtame pensar que a súa obra queda connosco e que el queda tamén na nosa memoria.
O Sermos Galicia recupera unha entrevista na que o escritor repasa toda unha vida dedicada á lingua e á cultura galega.
Se estivese nas aulas, seguramente botaría man das actividades que elaborei e traballei hai anos. Como non estou, vou reler algo seu.
Mágoa que os libros que viaxaran a Santiago para ser asinados xa queden sen a súa sinatura.Teño outros moitos asinados por el, no 95.
Vede a recompilación que fixo Paloma en "As catro esquinas do Quinto".
Máis información en Praza pública.
Mágoa que os libros que viaxaran a Santiago para ser asinados xa queden sen a súa sinatura.Teño outros moitos asinados por el, no 95.
Vede a recompilación que fixo Paloma en "As catro esquinas do Quinto".
Máis información en Praza pública.
Grazas por citarnos, profe!
ResponderEliminarComo na miña entrada faltaba xustamente un pouco de literatura da escrita, que ao final foi como coñecimos a Neira Vilas nos tempos do preinternet, se non che importa vou facer o mesmo e enlazar as túas estupendas propostas.
Por outra banda, neste tempo en que tanto se nos cuestiona, da gusto comprobar como as profes de verdade seguides atopando o xeito de compartir coñecementos, sen necesidade de avaliacións, sen que ninguén vos obrigue, e mesmo sen estándares nin papeleo. Para que logo digan!
Un bico!
Xa hai meses que non me chaman profe! Porque, Paloma, eu sonche ex-profe ou profesora prexubilada ou xubilada, simplemente. Iso non é óbice para que siga en contacto coa lingua, coa cultura e con todo o que me rodea.
ResponderEliminarEstou encantada de que as miñas propostas sirvan para todos aqueles que as queiran empregar. Eu, mentres traballaba, botei man dos coñecementos que compartían desinteresadamente moitos compañeiros e compañeiras.
Bicos.