17.2.16

ANTÓN RIVEIRO COELLO. OS ELEFANTES DE SOKÚROV




Envíanme de Galaxia a invitación para a presentación da última novela de Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov.

Como vedes a presentación vai ser o xoves 18, ás 20'15, no Bar El Cercano. Estaba desexando que se presentase esta novela  na nosa cidade e alí estarei.

Riveiro Coello fala desta obra no Zigzag.

Constantino, un dos personaxes, opina sobre a lingua galega e os galegos. El non é galego pero está aprendendo o idioma. Vede o que pensa:

Encántame o idioma e Compostela  tamén está edificada sobre el, e iso fai que a percepción que eu poida ter da cidade sexa moito máis completa a través das palabras que a acariñaron durante tantos séculos. É unha lingua apegada á pel, ao alento, á alma dos que viven e viviron aquí. Miro de comprender a cidade coma un pracer estético, intelectual e o idioma tamén forma parte dela. Gusto do galego, a súa resonancia esgotada e melancólica que o envolve todo nunha saudade antiga, escura coma unha oración. (Páx.154)

O home e a muller esfórzanse por me falar nun castelán tan deficiente coma o galego que emprego eu e que parece desconcertalos. Teimo para que me falen no meu idioma, e xustifican a súa negativa no costume. Sigo sen entender como é posible que un prexuízo se instale no inconsciente durante tantos séculos e esta xente exerza de galega como pedindo disculpas. Hai algo tráxico ao redor do idioma que escapa á miña comprensión. ( Páx.165)


No hay comentarios:

Publicar un comentario