Non puiden asistir ós actos de homenaxe á Rosalía organizados no IES Blanco Amor, o meu último lugar de traballo. Estou segura de que deica uns días poderei ver unha síntese dos mesmos nas publicacións de LECTURAS.
Eu celebrei este día mercando libros galegos que lerei cando remate os que me acompañan estes días: Lourenço, Xograr, de Manuel Portas e O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Xa vos falarei dos que merquei.
En Praza Pública podemos ver un feixe de citas para celebrar a Rosalía. Gústame a iniciativa do Grupo RosalAuria :
"En Ourense, o mesmo día 24 de febreiro ás 18 horas, o Grupo RosalAuria
comezará a celebración do Día de Rosalía no fondo da rúa Rosalía de
Castro, onde comeza a pasarela do Miño pola beira do barrio da Ponte. O
obxectivo é retomar a iniciativa de solicitar que a rúa dedicada á
escritora teña a súa prolongación na pasarela que une as dúas partes da
cidade. Trátase dunha pasarela moi transitada e coñecida pola
cidadanía, que non ten nome e que desemboca precisamente na rúa que leva
o nome de Rosalía que, pola contra, é case descoñecida en Ourense. O
acto iniciarase no lugar acordado coa colocación dun cartel co nome da
rúa, o recitado de poemas e reparto de poemas de Rosalía entre o público
asistente. O acto continuará coa colocación doutro cartel no outro
estremo da pasarela, con novo recitado e reparto, para finalizar na
entrada do centro comercial Ponte Vella".
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarFadoExpress là một trong những top công ty chuyển phát nhanh quốc tế hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi đài loan và gửi hàng đi pháp và dịch vụ gửi hàng đi canada uy tín, giá rẻ