O día dous deste mes, este blog cumpriu cinco anos. Case o esquezo! Nunca pensei que puidese facerse tan longo este camiño, pero a verdade é que non me cansou o percorrido e aqui sigo.
Utiliceino nas clases e para as clases e agora, que non estou nelas, non sei moi ben para que serve; aínda así sintome ben téndoo activo.
Nos aniversarios anteriores deixeivos flores, creo que o cuarto non o celebrei, e este ano non vai ser menos. Unha rosa do outono para todos vós. Como é da horta está rodeada de follas de cerdeira. Ten o mérito de que estaba soíña e que zumega beleza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario