21.4.16

CERVANTES VIVE!


Hai moitas iniciativas para celebrar o cuarto centenario da morte de Cervantes. No IES Blanco Amor de Ourense están Vivindo Cervantes.

Eu quero contarvos que na nosa casa Cervantes vive, e moito máis cando nos visita Moira. Explícovolo.


Este busto da fotografía foi rescatado dun rocho, foi restaurado e desde aquela, ano 1983, está nun recuncho dunha das nosas bibliotecas. Gústalle moito a Moira e xa lle chama Cervantes. Cando sexa máis grandiña, habémoslle ler, ou lerá ela, O Quixote en cómic e, cando sexa grande de verdade, terá que lelo completo. Estou segura de que seus pais hanse encargar de que así sexa. Pode facelo en galego que é a lingua que lle están ensinando e na que xa fala.



Non pensedes que esquecín o libro galego, iso nunca! É un alto no camiño e ides permitirme este pequeniño cariño a Moira que, cada vez que vén á casa, lévanos da man para que vexamos con ela a Cervantes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario