15.4.16

U-LA LINGUA GALEGA?


Eu recoñezo que é deformación profesional pero adoito fixarme en que comercios teñen nomes galegos, promocionan os seus artigos en lingua galega ou anuncian as rebaixas ou calquera outra cousa de interese para os clientes, neste idioma. 

Pouco hai, a verdade. Pero dun tempo a esta parte estou un pouco sublevada porque penso que neste sector a presenza do inglés é cada vez maior.

Teño que confesar a miña ignorancia e contarvos que, aínda que teño o título de inglés da Escola de Idiomas, cando puxeron Zara Home, para nada asociei a palabra Home, con casa. Que lle vou facer! Eu penso en galego e non en inglés!


Pero todo isto vén a conto de que moitos comercios da nosa cidade teñen nos seus escaparates este cartel ou outros semellantes: 



E, para colmo de males, un deles mandoume unha mensaxe: ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE MID SEASON . SALE: 25% DTO EN ...

A vós parécevos normal isto? Así nos vai, e aínda ha ser peor.

Seguro que a moitas mozas e mozos galegos que saben falar galego e non o falan halles gustar esta profusión da lingua franca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario