Ocorréuseme buscar "escritores de abril" e encontrei unha páxina na que hai abonda información sobre escritores que naceron ou faleceron neste mes.
Decidín seleccionar un que fose galego e escollín Otero Pedrayo porque deica uns días cúmprense 40 anos do seu pasamento (10 de abril de 1976).
Paseando pola nosa cidade hai espazos, esculturas, pinturas... que nolo fan lembrar, e con el a súa obra.
A súa residencia na Rúa da Paz:
Así lucía esta casa, residencia de Otero Pedrayo e de Vicente Risco, cando nos permitiron ver os interiores (O feitizo das ruínas)
Unha estatua na Praza do Correxidor:
Unha avenida na zona d'As Lagoas.
Un graffiti que decora a porta dun garaxe no barrio d'As Camelias:
Moi cerca da cidade, en Trasalba, A Casa Museo Otero Pedrayo:
E no Cemiterio de San Francisco a súa tumba:
Creo que isto quedaría máis completo se propoñemos a lectura dun texto do autor. Podedes ler As Onzas, texto que, ademais, aparece comentado.
Sirva isto de pequena homenaxe a este escritor, noso e de todos.
Outras entradas sobre Otero Pedrayo neste blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario