Aínda quedan moitos meses para seguir traballando a figura de Lois Pereiro pero xa sabemos quen vai ser o homenaxeado no 2012. A RAG elixiu a Valentín Paz Andrade como protagonista do Día das Letras Galegas do ano que vén.
A Academia valorou a súa traxectoria «como creador, periodista e empresario, e, fundamentalmente, como home comprometido co país e coa lingua».
Todos os xornais recollen a noticia; lede os artigos do Galicia Hoxe.com e do Xornal .com ,que dan moita información sobre o tema.
Déixovos este poema copiado de Literalingua para que vaiades coñecendo a Paz Andrade como poeta. Xa iremos descubrindo outras facetas súas.
Cando ti volvas... Valentín Paz Andrade |
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare... Galiza, 1954 Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario