O Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto convocou un concurso de carteis co obxectivo de potenciar o estudo da época, vida, obra e lingua de Lois Pereiro, autor homenaxeado neste ano 2011.
Establecéronse dúas categorías : a Categoría A, para o alumnado que realizase o cartel en cartolina e a categoría B, para o alumnado que o fixese a ordenador.
Houbo moita participación nas dúas categorías e os premiados foron alumnos de distintos cursos.
O primeiro premio da categoría A foi para María Seoane Fernández, Sofía Rodríguez Gómez, Silvia Martínez Fernández e María Ramos Fernández de 3º ESO.C
O segundo premio da categoría A conseguírono Andrea Prieto de Soto de 1º BAC. B e Ana Rodríguez Rodríguez de 2º BAC.B
Rubén Yáñez Martínez de 1º ESO E conseguiu o primeiro premio da categoría B.
Para Scarlet Campo Orduz de 4º ESO A foi o segundo premio da segunda categoría.
Parabéns a todos os premiados e grazas ós demais pola vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario