Chamoume a atención que na parroquia de Chapela, do Concello de Redondela , designasen algúns camiños con nomes de aparellos de pesca, embarcacións e outros termos relacionados co mundo do mar.
Ós que somos do interior, algúns nomes sonnos descoñecidos, e ós meus alumnos, que tamén son do interior, supoño que case todos.
Déixolles aquí fotos e algunhas actividades para aprender máis:
Actividades:
- En que ría está situada Chapela? Nesa ría hai unha illa á que cantou Mendinho, un poeta da Idade Media. Cal é a illa e cal é o poema?
- Busca o significado do nome dos camiños, Algúns aparecen no Dicionario da RAG, outros no Dicionario de dicionarios. Podes botar man de imaxes para asimilar mellor o significado.
- Sinala que camiños teñen nome de aparellos de pesca e di cales son tipos de embarcacións .
- Coñecías o significado dalgún dos nomes antes de usar os dicionarios ou os buscadores?
- Houbo algún que considerases que non era termo mariñeiro? Indica cal. Érao?
No hay comentarios:
Publicar un comentario