Nesta primeira avaliación os alumnos de 1º da ESO ides ler a obra de Francisco Castro, Chamádeme Simbad. Mentres non tendes o libro, podedes ler o primeiro capítulo; o autor deixounos no seu blog a ligazón para poder facelo. Se o preferides, podedes escoitalo indo a esta páxina e premendo en play.
Hai un cuestionario-guía da obra no blog Revolta da freixa que nos vai axudar moito. O noso agradecemento por eses traballos que nós utilizamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario