2.10.11

A ESMORGA. EDUARDO BLANCO AMOR

O libro de lectura da 1º avaliación para 1º BAC, como sabedes,  é A esmorga de Eduardo Blanco Amor.

Se vedes a guía para a lectura da obra, que atoparedes no Caderno da lingua e procedente de Marlou, aprenderedes moito aínda que o visionado non é total nalgúns apartados. Ó final da presentación hai información sobre o autor e a obra, e sobre a adaptación teatral de Sarabela teatro. Moitas grazas ós autores deste traballo.

Podedes ver, tamén, o Roteiro literario de "A esmorga" e o vídeo que fixeron do mesmo algúns alumnos de 1º de BAC do curso pasado.

A presenza de Blanco Amor na cidade de Ourense podedes vela nas fotografías da entrada: Autores do século XX nas rúas de Ourense: Blanco amor. Unha é esta :

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario